Todavía no tenemos datos de la biografía de XOSE A. NEIRA CRUZ. ¿Nos ayudarías a encontrarla?
Mándanos un mail a soporte@biblioeteca.com
XOSE A. NEIRA CRUZ
Libros de XOSE A. NEIRA CRUZ
Estos son los libros que hay en nuestra base de datos para XOSE A. NEIRA CRUZ
María pel de Azucre está moi maliña. pero o seu sorriso e os seus ollos estrelados teñen a forza dese mar que ela tanto ansía ver. Levada polo seu desexo, logra encher o cuarto do hospital do sol, do mar e da fina area que envolve o seus soños.
As amigas da nai de Vitoria xúntanse todas as tardes para tomar café e xogar ás cartas. Isto representa un gran problema para Vitoria, porque, amais de seren trampulleiras, cheiran ben mal. Un día aparece na reunión unha nova amiga que, a diferencia das xa habituais, desprende un agradable aroma a limón. Esta“novidade”enche de satisfacción a Vit...
A avoa Encarna naceu e viviu coma un paxaro. Un día abriu as ás e saíu pola fiestra na procura dunha árbore onde facer un niño e ficar nel para sempre. Agora, cando canta a merla, todos sabemos que é a avoa Encarna quen nos fala para dicirnos que está aí, que nunca nos abandona.
Martiño Pedreira acorda un día que xa non precisa máis das súas gafas, ¿que ha de facer? Quere darllas a alguén que as necesite. Pero son unhas gafas moi especiais. O mundo vese moi diferente a través delas. Co seu amigo Can sen Dono, que vive nun sumidoiro, inicia unha incrible viaxe polo país de Breamdam.
Todavía no ha sido valorado
Bia de Medici, filla ilexítima do duque de Florencia conta os últimos días da súa vida. Ser muller non é doado en pleno século XVI. Fóra da gaiola de ouro do palacio, ferve un mundo cheo de perigos, pero tamén de liberdade. O amor entrará na gaiola de Bia para trastocalo todo.
En vintecatro horas, a vida pode cambiar de rostro sen previo aviso. Pode pasar de parecer un lugar no que dá gusto estar, a converterse nunha paisaxe entoldada de ameazas e preocupacions. ¿Por qué Mon, o profesor máis popular do instituto, aparece inconsciente case morto, dun día para outro? Ninguén o pode explicar, e ninguén acredita na hipóte...
Todavía no ha sido valorado
Identificate si deseas participar. ¿Todavía no tienes cuenta? Regístrate