<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<rss version="2.0">
<channel>
<title><![CDATA[Comentarios al libro: CONTOS PRODIXIOSOS I]]></title>
<link><![CDATA[https://bbltk.com/biblioeteca.web/titulo/contos-prodixiosos-i]]></link>
<description><![CDATA[Estes dous volumes de Contos prodixiosos completan a colección Cabalo buligán, nacida hai cinco anos para recuperar e actualizar o conto popular de tradición oral galego. Preparados como as anteriores entregas polos escritores lucenses <strong>Xosé Miranda</strong> e<strong> Antonio Reigosa</strong>, a partir de versións orais existentes na actualidade, estes contos prodixiosos dan conta de algo ou alguén extraordinario que intervén na breve historia que refiren. Ás veces, o prodicio, a marabilla, é obra dun ser sobrenatural; outras, en cambio, é produto da habilidade e da capacidade dun personaxe listo que supera a situación con intelixencia. Sempre, en todo caso, como sinalan os autores, será o lector o que faga posible o prodicio do que se fala. O primeiro volume, Contos prodixiosos I, ilustrado por Patricia Castelao, Xosé Miranda escribiu &ldquo;Papas&rdquo; e Antonio Reigosa &ldquo;O sabor dos sabres&rdquo;, &ldquo;os tres irmáns sabios&rdquo;, &ldquo;A moza vestida de home e a cerva&rdquo;, &ldquo;Martuxiña&rdquo;, &ldquo;A fera domada&rdquo;, &ldquo;Tres bos consellos&rdquo;, &ldquo;O tesouro do home na forca&rdquo;, &ldquo;O demo na botella&rdquo; e &ldquo;A moza mataladróns&rdquo;.]]></description>
<lastBuildDate>Mon, 04 May 2026 05:55:36 +0000</lastBuildDate>
<language>es</language>
<copyright>Copyright 2021 BiblioEteca Technologies SL</copyright>

</channel>
</rss>
