<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<rss version="2.0">
<channel>
<title><![CDATA[Comentarios al libro: TRILOXÍA PÁNICA]]></title>
<link><![CDATA[https://bbltk.com/biblioeteca.web/titulo/triloxia-panica]]></link>
<description><![CDATA[Xosé Miranda ofrece neste volume tres narracións de terror: "Vestio", "Lambirón" e "A neve e a cadeira". En "Vestio", arredor das vellas tradicións animistas e naturistas, que aniñan no máis fondo do ser galego, o autor constrúe unha historia actual, un tema que mete ó lector dentro da novela e dificilmente deixa fuxir. Unha novela curta que nos mergulla nos labirintos do ocultismo, un bo argumento para indagar na psicoloxía individual e social dos personaxes. En "A neve e  a cadeira", Miranda baséase na tradición popular para lle dar vida na súa narración ó demo. O lector sabe que o personaxe do mal, que lle vai infundindo tensión á narración, é dende o principio o demo -o forte cheiro a xofre despois de cada unha das mortes é inconfundible- pero Miranda logra aquí tamén resolver un final cheo de intriga e desolación.]]></description>
<lastBuildDate>Fri, 01 May 2026 09:00:23 +0000</lastBuildDate>
<language>es</language>
<copyright>Copyright 2021 BiblioEteca Technologies SL</copyright>

</channel>
</rss>
