<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<rss version="2.0">
<channel>
<title><![CDATA[Comentarios al libro: SILENCIO]]></title>
<link><![CDATA[https://bbltk.com/biblioeteca.web/titulo/silencio000000]]></link>
<description><![CDATA[Cun estilo áxil, Fran Alonso constrúe en Silencio unha interesante trama que afonda na esquizofrenia do mundo urbano contemporáneo a través dunha situación límite. A partir dun entramado narrativo cheo de intriga e de paixón, un xornalista represaliado vai relatando as circunstancias nas que se ve envolto sen querelo."Fran Alonso volve á narrativa coa contundencia da brevidade e eficacia dun estilo directo e preciso. Intigra e desacougo urbano. Estouno devorando: escribo en pleno acto (hai media hora que comecei o libro e non podo parar). O escritor galego, como moitos narradores sabios e humildes de todo o mundo, segue o legado de Kafka". (Antón Reixa)."Fran Alonso exorcizou os seus demos con esta viaxe ós infernos do desgabo, a indiferencia e a soidade do home moderno. Paseniñamente, coma nos bos contos de terror, asoláganos nese mundo estraño e arrepiante que xorde de súpeto  tan só con rañar uns centímetros a costra da máis anodina cotianidade". (Xoán Acuña)."Para ensumirnos -e abraiarnos- neste aire de irracionalidade e esquizofrenia de Silencio abóndalle a Fran Alonso  un retallo mínimo dun xornalista envolto nunha situación que el mesmo  chega a sospeitar froito da súa imaxinación. (...) Basta deixarse levar polos ingredientes do medo e da intriga para que as prosas, deliberadamente escuetas, de Fran Alonso teñan sentido e un universo tan ricaz e enxeñoso tiren briosamente do lector". (F. Martínez Bouzas).]]></description>
<lastBuildDate>Mon, 15 Jun 2026 04:59:26 +0000</lastBuildDate>
<language>es</language>
<copyright>Copyright 202 6BiblioEteca Technologies SL</copyright>

</channel>
</rss>
