<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<rss version="2.0">
<channel>
<title><![CDATA[Comentarios al libro: CONTOS DE PARVOS E PILLOS, II]]></title>
<link><![CDATA[https://bbltk.com/biblioeteca.web/titulo/contos-de-parvos-e-pillos%2C-ii]]></link>
<description><![CDATA[Xosé Miranda e Antonio Reigosa, responsables da colección Cabalo buligán, pretenden dar acomodo nos dous volumes que titulan "Contos de  parvos e pillos I e II" a un tipo de relatos orais que se distinguen doutros porque sempre hai un protagonista e un antagonista que son unha cousa ou a outra. Non sempre gaña o pillo, pois, como na vida, moitas veces o aparente parvo resulta ser un disfrace dun grandísimo pillabán. Contos moi divertidos que agochan o riso inxenuo, a burla inocente, nos que aboia a retranca do país."Contos de parvos e pillos I e II" dan continuidade ao amplo e rico abano de relatos orais tirados da tradición oral de Galicia, contos marabillosos, de maxia, de encantamento ou de animais. Unha edición coidada e un tratamento da ilustración de gran calidade iluminan esta sorprendente oferta literaria.O volume "Contos de parvos e pillos II", ilustrado por Hoa-binh Melgar, reúne os contos recreados por Xosé Miranda ("O galo, a escada e a fouciña", "As perdices do convite", "O matalobos", "o parvo e o xigante", "Bastián e Crispín", "os dez mandamentos", "O corazón do touro barroso", "Un bicho descoñecido") e por Antonio Reigosa ("O adiviñador").Cabalo buligán é un proxecto único en Galicia, que coa presente entrega acada os dezaoito títulos publicados, de recuperación e recreación da literatura de tradición oral que convida a lectores de tódalas idades a ler e contar.]]></description>
<lastBuildDate>Sat, 09 May 2026 04:36:25 +0000</lastBuildDate>
<language>es</language>
<copyright>Copyright 2021 BiblioEteca Technologies SL</copyright>

</channel>
</rss>
