<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<rss version="2.0">
<channel>
<title><![CDATA[Comentarios al libro: ELADIO RODRÍGUEZ. VIDA E OBRA]]></title>
<link><![CDATA[https://bbltk.com/biblioeteca.web/titulo/eladio-rodriguez.-vida-e-obra]]></link>
<description><![CDATA[Na celebración do Día das Letras Galegas do primeiro ano do novo milenio, a Real Academia Galega honra a personalidade de don Eladio Rodríguez González, un galego do Ribeiro ourensán, poeta comprometido coa enxebreza da terra e autor dos poemarios Folerpas (1894), Raza e Terra (1922) e Oraciós campesiñas (1927), lírica que ensaia un novo xeito de comunión mística coa paisaxe da aldea.Neste volume, preparado polo profesor Marcos Valcárcel, analízase a súa obra literaria no contexto do seu tempo histórico e as súas aportacións dende o xornalismo galego, especialmente en El Noroeste da Coruña, e desde a presidencia da Real Academia Galega, onde fixo un labor regaleguizador moi relevante. Ademais estúdiase a súa obra como lexicógrafo, "apañando" de vagar novas palabras e ditos populares ata dar cabo ó seu Diccionario Enciclopédico Gallego-Castellano, obra póstuma en tres tomos (1958-1962), auténtico tesouro sobre a nosa fala popular que foi tamén fonte fundamental de enriquecimento lingüístico para todos os nosos escritores desde a súa publicación e que, de seu, xustifica o  mías que merecido recoñecemento que Galicia lle dedica.]]></description>
<lastBuildDate>Sun, 07 Jun 2026 15:03:04 +0000</lastBuildDate>
<language>es</language>
<copyright>Copyright 2021 BiblioEteca Technologies SL</copyright>

</channel>
</rss>
