<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<rss version="2.0">
<channel>
<title><![CDATA[Comentarios al libro: POLOS MARES DO SUR]]></title>
<link><![CDATA[https://bbltk.com/biblioeteca.web/titulo/polos-mares-do-sur]]></link>
<description><![CDATA[Jack London (1876-1916) realizou unha longa viaxe pola Polinesia entre os anos 1907-1909. Logo de coñecer por experiencia propia a vida nos Mares do Sur, o escritor norteamericano trasladou á literatura ese mundo descoñecido, facéndoo dun xeito especialmente atractivo para o lector pero mantendo a tensión dramática da mellor literatura. Os relatos que aparecen neste libro están cheos de conflictos e o triunfo nunca será da moral senón das forzas primixenias, da violencia dos homes ou da forza da natureza. <br />Deste xeito, Jack London soubo trazar, cunha prosa de gran precisión e unha cualidade literaria abraiante, unha metáfora da loita do home pola sobrevivencia en relatos como «Koolao o leproso», ou a superioridade do máis apto en «Mauki» ou «O dente de balea», a inxustiza e o desprezo pola vida en «O chinago» ou a forza da natureza en «A casa de Mapuhi».]]></description>
<lastBuildDate>Wed, 15 Apr 2026 21:45:41 +0000</lastBuildDate>
<language>es</language>
<copyright>Copyright 2021 BiblioEteca Technologies SL</copyright>

</channel>
</rss>
