<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<rss version="2.0">
<channel>
<title><![CDATA[Comentarios al libro: OUTRO IDEA DE ESPAÑA: MAR DE FONDO]]></title>
<link><![CDATA[https://bbltk.com/biblioeteca.web/titulo/outro-idea-de-espana%3A-mar-de-fondo]]></link>
<description><![CDATA[Este libro nace dun acto cívico, dun sentido do deber e da civilidade que ten ver coa ética e só dun xeito oculto e subterráneo coa estética. Forma parte, con Nunca máis Galiza á intemperie e Españois todos, dunha triloxía inesperada na que Suso de Toro narra e interpreta dende a súa subxectividade un ciclo histórico extraordinario, un tempo agónico que aínda vivimos. Tres libros nacidos da conmoción que supuxo a actuación do goberno de José María Aznar no asunto do Prestige e escritos dende a historia persoal, a memoria do país de noso, a memoria española compartida e as profundas conviccións democráticas e federalistas do autor. Un libro que propón, a través do diálogo, outra idea política de España e de Galicia. Unha ferramenta para abrir un tempo novo para unha sociedade que quere ser aberta e plural, decididamente libre.]]></description>
<lastBuildDate>Sun, 31 May 2026 03:01:31 +0000</lastBuildDate>
<language>es</language>
<copyright>Copyright 2021 BiblioEteca Technologies SL</copyright>

</channel>
</rss>
