<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<rss version="2.0">
<channel>
<title><![CDATA[Comentarios al libro: UN IANQUI NA CORTE DO REI ARTURO]]></title>
<link><![CDATA[https://bbltk.com/biblioeteca.web/titulo/un-ianqui-na-corte-do-rei-arturo]]></link>
<description><![CDATA[Mark Twain (1835-1910), escritor de éxito, criouse á beira do río Mississippi e foi oficial de imprenta, piloto de barco de vapor, buscador de ouro, soldado, xornalista e madereiro. A súa obra máis coñecida é As aventuras de Tom Sawyer (colección Xabarín nº 9). Un ianqui na corte do rei Arturo (1889) relata as aventuras dun ianqui de Connecticut, Hank Morgan, o supervisor dun taller de máquinas, que no ano 1879 se ve supetamente transportado á corte do rei Arturo, na Inglaterra do século VI. Tras chegar ao poder, proponse introducir no país os adiantos da civilización do século XIX, destruíndo ao tempo a tiranía da Igrexa e maila nobreza. Sobre esta liña argumental na que se reflecte a vida nunha Inglaterra do século VI que se parece ben pouco á Inglaterra real do século VI, e cun cun sentido do humor moi americano, Mark Twain vai intercalando parágrafos co que poderiamos chamar o seu ideario político, propio dun burgués progresista: contra a tiranía, a igualdade de tódolos homes (brancos) ante a lei; contra a monarquía, a república; contra o escurantismo católico, a liberdade relixiosa, contra a superstición, a educación. George Orwell considera que con esta obra Twain realizou ?un deliberado afago ao peor e máis vulgar da vida norteamericana?. Twain recrea, pois, nesa Inglaterra do século VI unha utopía industrial tipicamente ?ianqui? xogando e burlándose dos tópicos das lendas artúricas, sempre guiado polo ideario progresista da época que lle tocou vivir. Un clásico da literatura americana de tódolos tempos que recuperou para o galego a rigorosa e coidada traducción de Abel López, quen realizou tamén o prólogo e as notas da presente edición do Xabarín.]]></description>
<lastBuildDate>Fri, 10 Apr 2026 16:47:55 +0000</lastBuildDate>
<language>es</language>
<copyright>Copyright 2021 BiblioEteca Technologies SL</copyright>

</channel>
</rss>
