<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<rss version="2.0">
<channel>
<title><![CDATA[Comentarios al libro: UNA HISTORIA DEL ARTE UNIVERSAL]]></title>
<link><![CDATA[https://bbltk.com/biblioeteca.web/titulo/una-historia-del-arte-universal]]></link>
<description><![CDATA[<p align="justify">Unha singular e ambiciosa síntese de autores e estilos da arte, un texto ata agora inédito do gran escritor ourensán. <br /><br />Durante os anos 1966 e 1967, <strong>Ramón Otero Pedrayo</strong> escribiu, en castelán, esta obra extensa ata agora nunca publicada. Escrita cun inconfundible estilo literario e baseada nunha cultura enciclopédica, abrangue a historia da arte desde a prehistoria ata o século XX; e salienta pola especial atención que o autor lle dedica á música, singularmente a Bach e a Mozart, cun capítulo sobre a música no Romanticismo no que se detén en Beethoven. Tamén cómpre destacar o interese que Otero Pedrayo amosa polo cinema, ao que considera a arte que caracteriza o século XX. Todo isto fai deste libro unha lectura de gran importancia para coñecermos mellor o pensamento do autor ourensán, o seu xeito de analizar a arte tendo en conta factores relacionados coa xeografía, coa identidade e co territorio, sen esquecer o papel da literatura como complemento e inspiración da expresión plástica. <br />]]></description>
<lastBuildDate>Fri, 10 Apr 2026 17:47:33 +0000</lastBuildDate>
<language>es</language>
<copyright>Copyright 2021 BiblioEteca Technologies SL</copyright>

</channel>
</rss>
