<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<rss version="2.0">
<channel>
<title><![CDATA[Comentarios al libro: ¿SOBREVIVES?]]></title>
<link><![CDATA[https://bbltk.com/biblioeteca.web/titulo/sobrevives%3F0]]></link>
<description><![CDATA[¿Sobrevives? narra a estremecedora historia de Moni, Francisco Sánchez Loiro, un mozo de dezasete anos que cursa dificultosamente os seus estudios de formación profesional. A súa reiterada mala conducta, as súas amizades sorprendentes, a súa obsesión pola caza e polos seus cans podengos, o seu resentimento oculto e as súas absurdas reaccións, unidas á vivacidade inquietante dos seus enormes ollos, non deixan de abraiar continuamente ó profesorado e ós seus compañeiros. Moni é unha permanente mancha negra que se resiste a desaparecer. Moni, o protagonista de ¿Sobrevives?, vive dacabalo entre un mundo urbano que o rexeita, e no que vive dolorosamente, e un mundo rural que o acolle case amorosamente. Un contrapunto moi eficaz e, sen dúbida, sorprendente para os lectores. En palabras da propia autora �Moni renega do que se lle antolla arbitraio e absurdo. Dos formulismos que non responden a ningunha sensibilidade. Non todo o que atopa no medio rural o arroupa no seu remuíño interior. De feito é nos seus podengos nos que confía case en exclusiva e pon esperanzas no futuro�.]]></description>
<lastBuildDate>Sun, 21 Jun 2026 03:48:50 +0000</lastBuildDate>
<language>es</language>
<copyright>Copyright 202 6BiblioEteca Technologies SL</copyright>

</channel>
</rss>
