<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<rss version="2.0">
<channel>
<title><![CDATA[Comentarios al libro: MORNING STAR]]></title>
<link><![CDATA[https://bbltk.com/biblioeteca.web/titulo/morning-star]]></link>
<description><![CDATA[Nun tempo dominado pola técnica, a velocidade e a eficacia, a beleza é un artificio. Para que algo sexa fermoso ten que ser extraordinario, raro, desmesurado, chamativo ou ferinte, para que non pase desapercibido, e para que fique ceibe da cadea do utilitarismo que inspira a tola productividade que define o noso mundo. Cecais por iso estamos perdendo a capacidade de achegarnos á beleza normal, sinxela, que convive con nós e cos nosos problemas, e que se resume nunha íntima sensación de pracidez. E por iso estamos tan abertos á recepción da fermosura incomprensible e sospeitosa, á que nos chega oficializada en experimentos ou exhibicións intectualizadas e rebuscadas, mentres poñemos en cuarentena todo aquilo que nos entra polos sentidos, sen censuras do cerebro, ata acougar sen enrugas no fondo da nosa alma.]]></description>
<lastBuildDate>Wed, 10 Jun 2026 07:53:31 +0000</lastBuildDate>
<language>es</language>
<copyright>Copyright 2021 BiblioEteca Technologies SL</copyright>

</channel>
</rss>
