<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<rss version="2.0">
<channel>
<title><![CDATA[Comentarios al libro: O FARO DE AREALONGA]]></title>
<link><![CDATA[https://bbltk.com/biblioeteca.web/titulo/o-faro-de-arealonga]]></link>
<description><![CDATA[Cando un mide cento trece centímetros, é xornalista e ten un carácter impulsivo, as cousas non resultan fáciles. Arealonga, a vila natal pode ser un refuxio onde aclarar ideas, visitar vellos amigos e descansar coa familia. Pero o que agarda a Rosalía é unha trama chea de puntos escuros na que o pasado de Néstor, fareiro, antigo científico e, sobre todo, preciado amigo, volve ao presente cunha forza que sacode o que ata ese momento semellaba firme como as rochas. A desaparición duns cons, os extraños movementos do mar preto da praia onde está a Cova do Mouro e a presencia na vila mariñeira de catro traxeados xaponeses desencadearán as pesquisas da xornalista que a dirixirá a coñecer a existencia do proxecto APRETA, dirixido á creación dun aparello reductor do tamaño, e do proxecto TRAMA, un transportador de materia. O faro de Arealonga de Uxía Casal é unha engaiolante novela de intriga e suspense, na liña das mellores obras da actual ficción científica contemporánea.]]></description>
<lastBuildDate>Wed, 10 Jun 2026 14:53:26 +0000</lastBuildDate>
<language>es</language>
<copyright>Copyright 2021 BiblioEteca Technologies SL</copyright>

</channel>
</rss>
