<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<rss version="2.0">
<channel>
<title><![CDATA[Comentarios al libro: O TRASNO DE ALQUEIDON (2ª ED.)]]></title>
<link><![CDATA[https://bbltk.com/biblioeteca.web/titulo/o-trasno-de-alqueidon-%282-ed.%29]]></link>
<description><![CDATA[Este libro está formado por tres contos: O trasno de Alqueidón Inés e Diego teñen unha casa con faiado; unha noite, tras apagárense tódalas luces, escoitaron uns peíños pequenos correndo polo faiado e a caída de caixas e mobles. Despois de varias probas da nai descobren que non eran ratos senón un trasno e, para librarse del, a avoa recomenda pór no faiado unha cunca con arroz para que bata con el e o tire; como os trasnos non saben contar, enfadarase e marchará. Pero a Inés e mais a Diego dálles pena o trasno e esa noite deciden botarlle unha man. Neve na Amaía Utiliza a estructura acumulativa dos cantos tradicionais. Berta é unha nena que vive na Amaía coa súa avoa; teñen sempre acesa a lareira para non pasar frío. Un día que queda ela soa, as brasas apagánse e decide ir á casa do veciño, Tomé, a pedirlle uns tizóns; este dille que llos dará a cambio da auga que canta. Un grilo acompáñaa na súa viaxe; cando atopa a auga, esta pídelle unha presiña da terra que soña. A terra que soña está no castro de Ortoño, onde a pedra fita; esta pídelle un sopro do vento que pinta e este pídelle un bico. Chave de Ponte, Chave de CarballoMinia é unha nena que vive en Chave de Ponte e os desta aldea lévanse moi mal cos de Chave de Carballo. Ten un can chamad Ruzo e un gato co nome de Fran que desaparece tódalas noites e sempre volve polas mañás. Pero un día non ocorre así. Minia sae disposta a buscalo e coa axuda dunha parella de liñaceiros, unha píntega e mais un rato atópao perseguido por un mastín.]]></description>
<lastBuildDate>Thu, 30 Apr 2026 17:43:02 +0000</lastBuildDate>
<language>es</language>
<copyright>Copyright 2021 BiblioEteca Technologies SL</copyright>

</channel>
</rss>
