<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<rss version="2.0">
<channel>
<link><![CDATA[https://bbltk.com/biblioeteca.web/titulo/paco-papan]]></link>
<description><![CDATA[
Paco Papán empéñase en atopar un traballo á súa medida, e proba diferentes oficios: o luns busca traballo na xastraría, o martes na casa duns labregos, o mércores na taberna… Despois de divertidos contratempos e estrepitosos fracasos laborais, e cando xa non queda ninguén no contorno disposto a darlle traballo, a súa perseverancia e optimismo veranse por fin recompensados ao chegar á casa do enterrador, na aldea do lado.
Versión libre a partir do conto tradicional O noivo parvo, popularizado polo escritor xudeu Isaac Bashevis Singer nos Contos da aldea de Chelm. Esta historia ten interesantes paralelos en tradicións distantes: Lazy Jack, en Inglaterra, Pedro Malasartes en Portugal, Maung Htin Aung en Birmania… con coincidencias notables, obviamente non casuais. En todas elas, o protagonista segue as instrucións ao pé da letra, aínda nas situacións máis inusitadas. A nai é a persoa que lle aprende ao rapaz o que debe dicir ou facer en cada circunstancia, e el obedece sen protestar e sen analizar por el mesmo a situación, o que deriva en actuacións incoherentes e absurdas.
Paco Papán, respecta o fío e os motivos tradicionais da historia, e recupera algúns dos trazos das variantes anteriores. Pero incorpora un ritmo áxil e orixinal marcado polo paso dos sete días da semana, período ao longo do cal o protagonista alcanza a madurez.
Desde o punto de vista visual, Evelyn Daviddi consegue darlle ás escenas un aire moderno, con personaxes expresivos e divertidos, gran coherencia na composición e espazos ben definidos que favorecen a comprensión e o deleite da obra por parte dos máis pequenos.
Texto de Patacrúa, a partir dunha versión libre dun conto tradicional xudeu
Ilustracións de Evelyn Daviddi
]]></description>
<lastBuildDate>Sun, 03 May 2026 17:05:35 +0000</lastBuildDate>
<language>es</language>
<copyright>Copyright 2021 BiblioEteca Technologies SL</copyright>
</channel>
</rss>