<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<rss version="2.0">
<channel>
<title><![CDATA[Comentarios al libro: CHARLIE E A FABRICA DE CHOCOLATE]]></title>
<link><![CDATA[https://bbltk.com/biblioeteca.web/titulo/charlie-e-a-fabrica-de-chocolate0]]></link>
<description><![CDATA[<p align="justify">O señor Willy Wonka, o xenio da fabricación de lambonadas, agachou cinco billetes dourados nos envoltorios das súas chocolatinas. Os que dean con eles poderán visitar a súa misteriosa fábrica, onde se elaboran as lambetadas máis sabedeiras que se poida imaxinar: xeados que nunca se derreten, caramelos eternos que non se desgastan, chicles que nunca perden o sabor, globos de azucre que se poden inchar ata facelos enormes&hellip; Charlie Bucket atopará un dos billetes máxicos e será un dos rapaces afortunados que entren na fábrica das marabillosas lambetadas. Esta será unha visita que mudará a súa vida para sempre. <br />“Charlie e a fábrica de chocolate” é a novela máis famosa de Roald Dhal, un dos xenios da literatura infantil do século XX. O humor, unha narración tan eficaz como económica, e a tenrura para caracterizar unha grande tipoloxía de personaxes adultos e infantís singularizan esta obra considerada como unha das xoias da historia da literatura infantil de todos os tempos. <br />Traducida a múltiples linguas, a súa adaptación cinematográfica, protagonizada por Johnny Depp será estreada no verán 2005. A presente edición está ilustrada por Quentin Blake, o artista que colaborou con maior frecuencia con Dahl. <br />]]></description>
<lastBuildDate>Sat, 13 Jun 2026 14:35:03 +0000</lastBuildDate>
<language>es</language>
<copyright>Copyright 2021 BiblioEteca Technologies SL</copyright>

</channel>
</rss>
