<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<rss version="2.0">
<channel>
<title><![CDATA[Comentarios al libro: UN PAIS A MEDIO FACER]]></title>
<link><![CDATA[https://bbltk.com/biblioeteca.web/titulo/un-pais-a-medio-facer]]></link>
<description><![CDATA[<p align="justify">Un país a medio facer de Fran Alonso busca as claves da evolución da cultura galega nos últimos vinte anos a través das voces dos protagonistas. Hai 20 anos, as casas de ladrillo sen recubrir constituían, na opinión de Manuel Rivas, unha boa metáfora de Galicia; un descoñecido Xurxo Souto teimaba en inventar Os Diplomáticos de Monte Alto mentres Reixa preparaba o programa Sitio Distinto para a TVG; Uxía comezaba a súa andaina musical en solitario e o teatro galego vivía días de polémica. Algunhas das entrevistas foron contestadas e, globalmente, reflicten a cultura dun país que buscaba obsesivamente a súa normalidade. Apenas pasaran algo máis dunha ducia de anos desde a fin da ditadura, remataban os 80 ou albiscábanse os desinhibidos 90. A través de entrevistas feitas naquela época, reconstrúese agora o pulso cultural dun tempo en que Galicia era un país a medio facer e vivía ese feito de xeito obsesivo. Logo, o libro salta no tempo e viaxa, vinte anos despois, a unha Galicia que parece normal. ¿É normal? ¿Que cambiou na cultura galega nestes vinte anos?]]></description>
<lastBuildDate>Mon, 08 Jun 2026 07:57:51 +0000</lastBuildDate>
<language>es</language>
<copyright>Copyright 2021 BiblioEteca Technologies SL</copyright>

</channel>
</rss>
