<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<rss version="2.0">
<channel>
<title><![CDATA[Comentarios al libro: UNHA CHEA DE FAMILIAS]]></title>
<link><![CDATA[https://bbltk.com/biblioeteca.web/titulo/unha-chea-de-familias]]></link>
<description><![CDATA[Un autor consolidado no panorama da literatura infantil galega e un novo ilustrador de calidade incuestionable xunguen esforzos a prol desta obra que vai dar que pensar. <br />Mariña pregúntase cantos tipos distintos de familias pode haber. De feito, a familia de Mariña é diferente. Na familia de Mariña non hai mamá. Seu pai vaina acompañar nunha curiosa excursión polo edificio no que viven na procura de tipos de familias. A conclusión á que van chegar é que efectivamente hai unha chea de familias. <br />En tempos de redefinición da estrutura familiar, coa aparición de novas formas de convivencia, novas formas de parella, novas maneira de ser pai ou nai, os lectores e as lectoras máis novas tamén necesitan entender que as fronteiras da familia son amplas e están abertas. Velaquí unha das funcións que vén a cumprir este álbum ilustrado no que unha historia atraente e actual se combina cunha estética desde o punto de vista do tratamento da imaxe que chama poderosamente a atención. <br />]]></description>
<lastBuildDate>Mon, 04 May 2026 04:12:24 +0000</lastBuildDate>
<language>es</language>
<copyright>Copyright 2021 BiblioEteca Technologies SL</copyright>

</channel>
</rss>
