<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<rss version="2.0">
<channel>
<title><![CDATA[Comentarios al libro: NUNCA MAIS GALIZA A INTEMPERIE]]></title>
<link><![CDATA[https://bbltk.com/biblioeteca.web/titulo/nunca-mais-galiza-a-intemperie]]></link>
<description><![CDATA[Nas páxinas deste libro, urxidas por unhas horas altas e amargas, reconstrúese a crónica do primeiro mes da enorme marea negra que atacou a ribeira atlántica. Dende os primeiros días do accidente do Prestige, o escritor Suso de Toro foi relatando e interpretando nos medios de comunicación esta catástrofe ecolóxica e humana, sepultada baixo un cobertor de silencio interesado, e a súa transformación nunha crise na política galega, logo na política española e agora nunha crise da política do Estado ante esta catástrofe de dimensións europeas e mun-diais. Suso de Toro amosa nestas páxinas o seu convecemento de ter asistido durante este mes ao nacemento dunha nación; para el &#8220;o vello pole do orgullo nacional galego teimosamente gardado e transmitido atopou á fin un terreo humano no que prender. Unha sociedade que o acolleu&#8221;. O escritor Manuel Vázquez Montalban sinalou que estas vibrantes crónicas de Suso de Toro merecerían formar parte dunha posible Historia Universal da Chapuza, título destinado a quen queira mergullarse nun dos capítulos menos estimulantes da conducta humana. Nunca máis Galiza á intemperie é un libro épico e comprometido, unha homenaxe aos mariñeiros galegos que, co seu valor e a súa determinación, nos deron a todos un exemplo de civismo e fecundaron o sentimento do orgullo de sermos galegos.]]></description>
<lastBuildDate>Sat, 30 May 2026 12:08:09 +0000</lastBuildDate>
<language>es</language>
<copyright>Copyright 2021 BiblioEteca Technologies SL</copyright>

</channel>
</rss>
