Búsqueda avanzada
Buscar
 

Entra en BiblioEteca...

Disfruta de todo el potencial de biblioEteca entrando con tu usuario...

 

RATO TOM E RATA TOMASA


AUTOR: ;; ND
 
 
  • Portada de RATO TOM E RATA TOMASA

    9788493451608

 
Compartir: Compartir con un amigo de biblioeteca Compartir por email Compartir en Facebook Compartir Twitter Compartir en Tuenti Capturar código QR Añadir RSS

Sinópsis del libro:

  • Rato Tom foi visitar a súa amiga Tomasa. Alegría na celebración! Veña viño, veña touciño e máis viño… e Rato Tom caeu redondo do bidón. Ai que desgraza!, berrou Tomasa. Vestiuse de loito e pechou a casa; e contoulle a súa pena á cociñeira; e a cociñeira á ola; e a ola á fonte… Ata o ceo entristeceu coa nova, mais ao final, algo insólito aconteceu… e todos recuperaron a alegría.

    Cunha narración áxil, que xoga coa rima e coa estrutura acumulativa, Marisa Núñez ofrécenos unha orixinal versión, chea de humor e agudeza. Aínda que inspirado nun suceso fatal, tirado do conto tradicional brasileiro, Dona Baratinha (Dom Ratão ia se casar com dona Baratinha, e morreu cozido no feijão…), a autora, a partir desta anécdota, desvía os acontecementos cara a un desenlace ben diferente.

    Os elementos da natureza humanízanse ao adoptar certos comportamentos, que rememoran antigos ritos funerarios ancestrais, comúns a distintas culturas (romper olas, vestirse de loito): a fonte cala, a árbore tira o seu manto, os paxaros íspense... Todas estas manifestacións encadeadas transcenden o mundo da palabra e conectan co misterioso mundo dos afectos. O momento culminante prodúcese cando, o ceo chora e derrama sobre a terra, a súa auga revitalizadora. Entón, como por arte de maxia, o que semellaba unha traxedia, acabará facendo florecer un sorriso no lector.

    Con reminiscencias dos contos tradicionais de final feliz, esta obra fálanos da intensidade dos afectos, da amizade, da vida; valores que persistiron ao longo do tempo e que non debemos esquecer.

    Texto de Marisa Núñez, a partir dun conto tradicional brasileiro
    Ilustracións de Alessandra Cimatoribus

    Idioma: GALLEGO

 
 

Clasificador

Según nuestros usuarios

RIGUROSO
Riguroso

Determina lo preciso o impreciso que es este libro con respecto a lo que se cuenta en el mismo. 0 significa que es completamente impreciso y 10 que cuenta es rigurosamente verídico

Más información
DIVERTIDO
Divertido

Determina lo divertido que te ha resultado el libro: 0-aburrido 10-muy divertido

Más información
COMPLEJO
Complejo

Determinamos lo complejo que nos ha resultado la lectura del libro. Desde el nivel más bajo, que indica que es un texto secillo de comprender hasta el valor máximo que indica que es complejo de comprender

Más información
SORPRENDE
Sorprende

Indica lo sorprendente que resulta el argumento del libro, desde 0: previsible hasta 10: totalmente desconcertante y sorprendente

Más información
 
 

Etiquetas de otros usuarios

Así han etiquetado este libro más usuarios

Así han etiquetado otros usuarios este libro. Si ves acertada su elección puedes añadir la etiqueta con un simple clic a tus etiquetas

 
Publicidad
 
 

Comentarios de los lectores

 
 
 

Yo Leo

Información para lectores

Anillo de blogs

¿Tienes un blog?

Paga si te gusta

La forma de pago del futuro...

BiblioEtecarios

Ayudanos con los libros

Yo Escribo

Si eres autor, descubre más...

Ayuda

Todo lo que puedes hacer en la web
C/ Parque Bujaruelo, 37, 1C.
28924 Alcorcón (Madrid)
Tel/Fax : 91 288 73 76
E-mail : info@biblioeteca.com

BiblioEteca en Google Plus BiblioEteca en Rss

 
Copyright © 2021 BiblioEteca Technologies SL - Todos los derechos reservados