Búsqueda avanzada
Buscar
 

Entra en BiblioEteca...

Disfruta de todo el potencial de biblioEteca entrando con tu usuario...

 

RATON SOLTEIRO


AUTOR: ; ND
 
 
  • Portada de RATON SOLTEIRO

    9788496573710

 
Compartir: Compartir con un amigo de biblioeteca Compartir por email Compartir en Facebook Compartir Twitter Compartir en Tuenti Capturar código QR Añadir RSS

Sinópsis del libro:

  • Rato solteiro era leñador. Un día, unha rapaza invitouno a comer e desafiouno a unha carreira: «se me pillas, caso contigo». Cando xa estaba a piques de atrapala, a rapaza tirouse ao río e Rato foi detrás. No fondo do río, nun mundo marabilloso escondíase a Raíña das Augas e unha, dúas, tres...quen sabe cantas princesas fermosas, todas iguais! Como ía recoñecer o pretendente a súa prometida?

    Tanto na tradición europea como na africana, un motivo que aparece con moita frecuencia é a axuda dos animais para superar probas ou desempeñar tarefas esixidas polos reis ou superiores. Aquí é unha abella, agradecida pola comida, a que lle axudará ao Rato a recoñecer a moza. Esta mesma proba coñece un interesante paralelo nun conto popular español recollido por José María Guelbenzu. Nese caso trátase dunha mosca, que lle axuda a un cociñeiro a recoñecer a princesa, entre vinte e unha irmás.

    Tamén é común neste esquema a figura do impostor que pretende, ocultando a súa verdadeira identidade, o recoñecemento como heroe ou acadar o mesmo éxito. Nesta ocasión, o coello é quen pretende o mesmo destino que o Rato; pero o «burlador» non será quen de gañar a gratitude da abella e, aínda que a súa astucia fará que se libre dun fatal castigo, a ambición e o engano levarano a un desenlace que liga coa tradición africana dos contos que pretenden explicar a orixe das cousas, riscos de comportamento e a relación entre os animais... Por que ao coello lle tremelica sempre o fociño?

    Así mesmo, a presenza dun mundo paralelo debaixo das augas destaca o reflexo das crenzas de moitos pobos. A pesar deste carácter híbrido e tradicional e sen falsear esta perspectiva, Rato solteiro presenta unha revisión actual do texto e unha mestura de humor e realismo que achega a narración ao mundo cotián.

    A nivel plástico, no conto represéntanse dous mundos, terrestre e acuático, en dous escenarios distintos unidos entre si. No mundo submarino, Marta Torrão reflicte un ambiente fantástico recreando un imaxinario máxico, mentres que na superficie a realidade amósase de xeito máis convencional. Esta ambivalencia aparece tamén na gama cromática

    Idioma: GALLEGO

 
 

Clasificador

Según nuestros usuarios

RIGUROSO
Riguroso

Determina lo preciso o impreciso que es este libro con respecto a lo que se cuenta en el mismo. 0 significa que es completamente impreciso y 10 que cuenta es rigurosamente verídico

Más información
DIVERTIDO
Divertido

Determina lo divertido que te ha resultado el libro: 0-aburrido 10-muy divertido

Más información
COMPLEJO
Complejo

Determinamos lo complejo que nos ha resultado la lectura del libro. Desde el nivel más bajo, que indica que es un texto secillo de comprender hasta el valor máximo que indica que es complejo de comprender

Más información
SORPRENDE
Sorprende

Indica lo sorprendente que resulta el argumento del libro, desde 0: previsible hasta 10: totalmente desconcertante y sorprendente

Más información
 
 

Etiquetas de otros usuarios

Así han etiquetado este libro más usuarios

Así han etiquetado otros usuarios este libro. Si ves acertada su elección puedes añadir la etiqueta con un simple clic a tus etiquetas

 
Publicidad
 
 

Comentarios de los lectores

 
 
 

Yo Leo

Información para lectores

Anillo de blogs

¿Tienes un blog?

Paga si te gusta

La forma de pago del futuro...

BiblioEtecarios

Ayudanos con los libros

Yo Escribo

Si eres autor, descubre más...

Ayuda

Todo lo que puedes hacer en la web
C/ Parque Bujaruelo, 37, 1C.
28924 Alcorcón (Madrid)
Tel/Fax : 91 288 73 76
E-mail : info@biblioeteca.com

BiblioEteca en Google Plus BiblioEteca en Rss

 
Copyright © 2021 BiblioEteca Technologies SL - Todos los derechos reservados